Vídeos

O colexio Sagrado Corazón de Placeres celebra a Semana da Prensa

O vindeiro martes 24 de abril terá lugar o estreo da curtametraxe 'Mareas Vivas de Lourizán', una modesta versión da coñecida serie televisiva galega que fai uns anos acaparou a nosa atención.

Este traballo está enmarcado dentro do proxecto de centro 'Escoita o corazón da nosa ría', no que traballan todos os alumnos do colexio Sagrado Corazón de Placeres. Neste caso foron os alumnos de 3º de Educación Primaria os que levaron a cabo este audiovisual relacionado coa dura vida do mar baixo a dirección da profesora Natalia Soage e coa colaboración de familias e veciños. Non é a primeira vez, pois o ano pasado xa tiveron moito éxito coa súa primeira producción 'Placeres News'.

Cheos de ilusión este martes 24, os alumnos de terceiro estrearán a súa obra no salón de actos do colexio, cun primeiro pase ás 13:00 horas e un segundo ás 18:00 horas.

Comentarios