Vídeos

Diversión en Cobres co galo na vara e o galo no río

O Entroido de Cobres, en Vilaboa, é un dos máis característicos da comarca. Este martes foi o día grande, o da Corrida do Galo, onde ademais do espectacular baile de Madamas e Galáns, tamén se celebraron as tradicionais competicións populares.

No 'galo na vara' resultou vencedor Xián Farto, que chegou aos sete metros de altura axudado por unha pirámide humana. A choiva dificultaba facelo individualmente.

No 'galo no río' o gañador foi Abel Fernández, de Santa Cristina de Cobres. Houbo nove contrincantes e unha media hora de intentos tamén baixo a chuvia.