Vídeos

Unha festa diaria en Sanxenxo grazas a Luis

Hai moitos días que o aplauso das 20.00 horas se volveu toda unha festa para os veciños da Florida, en Sanxenxo. O veciño Luis Vilavedra non escatima en recursos para que así sexa. Un día saíu ao balcón disfrazado de unicornio e púxose a tocar o tambor. Dende aí, Luis sorprende cada día cun novo disfraz, como se pode comprobar nesta compilación de vídeos aportados pola veciñanza.