Sábado. 16.12.2017 |
El tiempo
Sábado. 16.12.2017
El tiempo

VÍDEOS

Inauguración do Belén Artesanal en Movemento de Valga

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcade de Valga, José María Bello Maneiro, deron por inaugurada esta tarde unha nova edición do Belén Artesanal en Movemento no que traballaron trinta e tres persoas durante máis de dous meses.

O acto, presentado por Héctor Bermúdez, contou tamén coa participación do párroco de Campaña, Manuel Míguez, que bendiciu a montaxe, integrada por arredor de 4.500 figuras dispostas nunha superficie de 400 metros cadrados.

FIRMA: RAFA FARIÑA