Vídeos

Lucía Pérez e Eva Iglesias versionan a cantiga popular 'Sementeira'

Lucía Pérez e Eva Iglesias lanzaron esta semana unha nova versión da cantiga popular Sementeira, popularizada por Fuxan os Ventos en 1978.

A cantante do Incio e a humorista de Land Rober protagonizan este videoclip dirixido por Fede Asencio.

Nos últimos meses foron moitos os artistas galegos que se animaron a facer covers. É o caso de Familia Caamagno, que versionou o Xuntos de Juan PardoOrtiga e Pili Pampín, que lle deron o seu particular toque a outro clásico popular galego: Eu chorar chorei, con videoclip gravado na Discoteca La Luna de Cerponzóns, en Pontevedra.