jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

VÍDEOS

Pontón anima a soñar cunha Galicia liderada por unha muller nacionalista

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, foi presentada este domingo como candidata do seu partido á presidencia da Xunta nun acto no que invitou os participantes a soñar cun Goberno galego dunha muller nacionalista por primeira vez na historia. Decenas de simpatizantes quedaron á porta do auditorio de Santiago no que se celebrou o acto ao completarse a capacidade do local, e a eles se dirixiu tamén Pontón —micro en man e subida a unha caixa— nunha improvisada intervención.

VÍDEO: PEPE FERRÍN (AGN)