Vídeos

Samantha Fox intenta cantar en galego e vólvese viral

O Luar viviu o pasado venres un momentazo que pasará á historia da televisión galega. A cantante Samantha Fox acudiu ao programa como invitada e, tras a súa actuación, Xosé Ramón Piñeiro pediulle que os acompañara cantando Na beira do mar. A artista británica intentou interpretar a canción en galego, pero finalmente optou por animar ao público mentres o presentador e Benedicta Sánchez seguían cantando.