jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

VIGO

Vigo xa ten a súa canción de Nadal: 'A noria de Caballero'

O Nadal de Vigo non deixa de dar que falar. Tal e como anunciara o alcalde, Abel Caballero, a novidade na programación deste ano –ademais do notable aumento de luces leds con respecto ao pasado ano– será unha noria de 62 metros... que agora ten a súa propia canción.

Coa base do famoso tema Gloria, de Umberto Tozzi, o grupo de "rock and risa" Fillos do Estramonio tirou de humor para compoñer unha peza que moi posiblemente se convertirá nun auténtico exito na cidade olívica.

"Noria, xa cheghou a Vigho... se queres subir nela, pon roupa de abrigho". Así comeza un tema composto "en pouco máis de 24 horas", o tempo que tardou Pepe Capelán –coñecido por aparecer en diversos programas da canle autonómica– e o resto da agrupación en "montar un vídeo chorras feito así a propósito" para, en resumo, "homenaxear a noria de Abel Caballero".

O vídeo da canción xa conta con máis de 40.000 visualizacións en YouTube en apenas uns días, e varios personaxes públicos xa se fixeron eco dela en redes sociais.