O pantalón de Errejón

Íñigo Errejón. FERNANDO SÁNCHEZ (EUROPA PRESS)
Íñigo Errejón. FERNANDO SÁNCHEZ (EUROPA PRESS)

Defendía xa a mediados do século XIX a feminista alemá Hedwig Dohm que os comportamentos específicos do sexo proveñen da cultura, e non dunha determinación biolóxica. Foi a mesma que dixo: "los derechos humanos no tienen sexo". Nacera en 1831.

Moito despois, na explosión daquel final da década dos anos 20, Carmen de Burgos abordaba a figura da controvertida 'Rachilde', aquela que vivía "rodeada de amigos, pero sin un solo amante", a través das páxinas de La Gaceta Literaria. Esta "castidad de las mujeres libres", dicía a xornalista, "es una idea que se resiste también a los hombres, los cuales se ven así fracasar en su tendencia de eternos conquistadores". Por isto, lembraba utilizando palabras alleas, "nadie fue más calumniado que Rachilde".

No ano 2020, a historiadora británica Karen Offen concluía, a través do longo percorrido pola historia feminista que separa os anos 1700 e 1950, que o impulso para reposicionar ás mulleres baixo o control masculino presentouse "repetidas veces", cunha resposta cada vez máis contundente, documentándose "imponentes manifestaciones de resistencia feminista en cada generación del pasado europeo desde la Ilustración hasta la era atómica".

Toda unha historia de maltrato e resistencia, de conquista do espazo público e dos dereitos roubados pola forza, para abrir 'X' no século XXI e atopar aos novos 'teórico-cuñaos' xustificando unha agresión sexual, enaltecidos por un sistema xudicial ruín, e algún que outro saúdo fascista. A resposta —revisen a historia se se atreven— non está no pantalón de Errejón.

Comentarios