O 'techno' e a autenticidade

Oliver Laxe, en Cannes 2025. ARCHIVO
Oliver Laxe, en Cannes 2025. CLEMENS BILAN

A Óliver Laxe gústalle o 'techno'. Díxoo nalgunha das entrevistas que estes días brotan a mans cheas dos medios de comunicación estatais, nas que tamén mencionou, sen ambaxes, a depresión que sofre dende cativo. De ascendencia galega e, aínda que naceu en París, atopou quizais na terra esas raíces das que habería de emerxer todo aquilo que acaba de cristalizar en Sirat, recente Premio do Xurado en Cannes, que vén de conceder ás institucións españolas o privilexio de encher a boca falando do cine español, e ás galegas, do cine con pegada galega. Dos xóvenes, da diversidade cultural, e tamén do 'techno' e da espiritualidade, xa fala a película.

Cando hai poucos días na presentación de Sanxenxo de cine soubemos que Sirat sería a gran cabeza de cartel do ciclo de proxeccións, o auditorio Emilia Pardo Bazán mudou de atmósfera. Pareceume distinguir certo halo da autenticidade que só notei unha única vez na vida -e que hoxe parece xa outra vida- nunha pequena sala de cine das que quedan poucos 'reductos' en Madrid e Barcelona. Especialmente esta última, capitais cinematográficas para as que aquel pioneiro sector da crítica xornalística reclamaba xa naqueles primeiros 30 anos de historia do cine estatal do século XX máis investimento, medios técnicos e atención, no marco dunha difícil e tardía transición entre o cine mudo e o sonoro español. Nesta transicionaria revolución que é tamén hoxe a volta á autenticidade, canto se desoirá esta vez á crítica que xa é unha lexión?

Comentarios