Sen lugar para a esperanza

Vista del callejón donde se produjo el asesinato machista de Orihuela. PABLO MIRANZO (EFE)
Vista da calella por onde Cloe tratou de escapar, ferida de morte, do seu presunto asasino, en Orihuela (Alicante). PABLO MIRANZO (EFE)

Chamábase Cloe e tiña 15 anos e un mozo de 17 co que cortou definitivamente unha, disque, complicada relación. O domingo á tardiña quedou con el esperando unha conversa. Atopou a morte. Quince anos. 

É algo que non cabe na cabeza, a pesar de que os titulares se empeñan en refregárnolo nos ollos. Las víctimas de violencia machista son cada vez más jóvenes y las agresiones más graves, berraba a portada deste periódico o mesmo domingo no que Samuel acoitelou a unha nena de quince anos que non quixo saber máis del.

Cloe aínda non forma parte da estatística oficial, con 1.286 mulleres asasinadas en España desde 2003 en casos de violencia machista. Si están os 61 menores que perderon a vida a mans dos seus propios pais ou das parellas das súas nais desde 2013. Outras 465 crianzas quedaron orfas. Cando se empezaron a contabilizar as vítimas, Cloe nin sequera nacera.

Son cifras que lemos friamente, cifras que van engordando paseniño sen que nin campañas de sensibilización, nin manifestacións nin leis poidan frear esta desgraza, aínda que certo é, parece, que miles de mulleres sobreviven tamén grazas ao sistema Viogén. 

A esperanza estaba na remuda xeracional. Na xente nova criada nunha sociedade consciente e reivindicativa. Esperanza, queda pouca.