PortAmérica: non só é cuestión de sorte

(Foto 6-7-24, 21 47 25.jpg) PORTAMERICA Azucreira de Portas Terceira xornada Necesitanse fotos de concertos do Showrocking chefs e ambiente Tamen de actividades infantis Pono en descricion normas e horario de todos os concertos pero obviamente non digo cales O id MLote 23.484
JUANES
Vista do PortAmérica o sábado 6, durante o concerto de Juanes, na Azucreira de Portas. SERGIO SUEIRO

Non hai tantísimos anos un festival de música era precisamente iso, unha sucesión de concertos encadeados, raramente cumprindo o horario establecido, nun descampado (estou pensando máis no Festimad ou no Sudoeste portugués que na carballeira de Caldas, certo é) que acababa estrado con centos de vasos de plástico baleiros e che facía estar soando mocos negros durante sete días. 

A oferta gastronómica reducíase a bocadillos, patacas de bolsa ou pizza requentada, aínda que en Portugal se podía chegar ao exotismo de pedir un pan con chourizo ou un caldo verde.

Se nos dixeran hai 15 ou 20 anos que ao pé da casa poderiamos ter un festival que aposta pola sostibilidade, cun cartel de primeira -e moito máis ecléctico, para o bo e para o menos bo-, cuns horarios cumpridos ao milímetro, con baños limpos (e ata con papel hixiénico!), e con comida variada e mesmo vegana non o poderiamos crer. Se nos falan de petiscos elaborados por chefs de primeiro nivel a cinco euros entre concerto e concerto pensariamos que era ciencia ficción.

Pero non, é real. É PortAmérica, unha idea que se lle ocorreu a Kin o de Briallos hai máis dunha década e que non sería posible sen o esforzo e o talento de ducias de persoas. Xa o cantan os Vetusta Morla: ser valiente no es solo cuestión de suerte.

Comentarios