O remedio de tinta e papel

Libros. ARCHIVO
Libros. ARQUIVO

Non veño aquí falar do tsundoku, xa saben, ese costume de mercar libros e acumulalos sabendo de sobra que non vai haber tempo no mundo para poder lelos todos. Disto xa falei hai case catro anos e desde aquela a enfermidade non fixo máis que medrar. Pero é unha doenza paradóxica, pois é aquí cando hai que mencionar ao sabio Umberto Eco ("se, por exemplo, consideramos os libros como medicina, entendemos que é bo ter moitos na casa e non só uns poucos: cando queiras sentirte mellor, vai á botica de primeiros auxilios e elixe un libro. Non un libro ao azar, pero o libro axeitado para ese momento"), así que unha ampla biblioteca caseira pode ser mal e remedio ao mesmo tempo.

O problema non é ese, o problema é carecer do tempo suficiente para ler todo o que unha querería, desde eses clásicos que esperan o seu momento ata a última novidade literaria. Pero hai que miralo polo lado positivo: se hai algo mellor que desfrutar cun bo libro é o momento de abrir as súas páxinas por primeira vez coa promesa da felicidade.

Iso sábeo o 68% da poboación española que le libros habitualmente, unha cifra que medra ata o 86% entre a rapazada de entre seis e nove anos. Non todo está perdido.

Comentarios