Pode parar un futbolista seis semanas?
"La baja por paternidad deja al fútbol en fuera de juego", titulaba hai uns días o Marca unha reportaxe na que daba conta de "el deporte", neste caso o fútbol, "se ha olvidado de la obligatoriedad de las seis semanas de permiso, circunstancia que podría acarrear situaciones próximas a alineación indebida".
Desde o último cambio da lei, con efecto reatroactivo desde agosto de 2024, tanto o pai como a nai da criatura teñen 19 semanas de permiso retribuído (que non baixa) e as seis primeiras teñen que collerse, obrigatoriamente, tras o parto ou a adopción de maneira ininterrumpida.
Tamén no caso do fútbol profesional, onde eses asalariados teñen prohibido entrenar nin competir nesas seis semanas inmediatamente posteriores á chegada do bebé, igualiño que calquera outro traballador. O "deporte rei" non está por encima da conciliación, vén dicir a lei. O que veñen a dicir os afeccionados nos comentarios xa é outro cantar, porque é evidente que deportistas de tal nivel non se poden permitir ese parón nas súas carreiras, faltaría máis. Quizáis un médico si, ou un bombeiro, mesmo ata un docente. Pero un futbolista? Un tenista? Onde tal se viu. Co que cobran, ademais. E nin sequera adoitan ser precisamente pais dun só fillo. E será por xente para coidarllo. Menuda lei!