Aquela marabillosa ventá máxica
Unha das reportaxes que máis lembro de ter escrito nos 13 anos que fun correspondente da comarca de Caldas —e, realmente podería dicir que dos 25 que levo pegada a un teclado nesta redacción— foi a titulada con esta cita: "Cada día abrimos la ventana y el mundo entra por ella". Publicouse o 1 de outubro de 2014 e contaba o proxecto tan espectacular que se estaba levando a cabo na escola unitaria de Carracedo. Cada día a cativada coñecía aos peregrinos que pasaban por diante facendo o Camiño de Santiago, chegados de diversos currunchos do planeta, que entraban a compartir con eles o seu idioma e as súas historias, algunhas de película. Que levaban unha cuncha para os seus fogares e que despois a devolvían en forma de fotografía. Un mapamundi feito co corazón.
Aínda resulta emocionante reler esas páxinas unha década despois. Agora a iniciativa Una ventana abierta al mundo pasou á historia. O mestre Quinín Freire, alma do proxecto, xubilouse e, non só por iso, aquela ventá máxica pola que entraba o mundo enteiro a unha pequena escola rural pechou.
O docente preguntoulle agora a ChatGPT por esta iniciativa, sen consultar fontes periodísticas, só mirando Facebook e Instagram. A IA referiuse, con evidentes gabanzas, á "propuesta educativa innovadora y profundamente humana" que "dejó unha huella duradera". Ao invitar aos peregrinos a compartir momentos coa cativada, "no solo se rompieron barreras físicas, sino también culturales y emocionales. Los niños tuvieron la oportunidad de conocer otras lenguas, costumbres y formas de ver el mundo desde muy pequeños, lo que sin duda estimuló su empatía, su curiosidad y su apertura a la diversidad", razoou a máquina. "Este tipo de experiencias transforman la escuela en un verdadero puente hacia el mundo real. Es una muestra de cómo la educación puede ser cercana, significativa y con impacto más allá de las aulas".
Por iso Freire resalta que resulta "ciertamente curioso" que un programa de IA "sea capaz de ver en milisegundos lo que varios inspectores de educación no supieron/quisieron ver en diez años". E tanto que si.