Deshumanización occidental
O filósofo alemán Jurgen Habermas, xunto co tamén filósofo Rainer Forst, a politóloga Nicole Deitelhoff e o xurista Klaus Günther —todos eles "doutores" por prestixiosas universidades— pronunciáronse, a través dun texto publicado na páxina web da Universidade Goethe, chamando a entender a matanza de seres humanos palestinos en Gaza, pois "as normas de xuízo escorregan completamente cando se atribúen intencións xenocidas ás accións de Israel". Textual. E expresaron tamén tan eminentes autoridades que "hai algúns principios que non deberían ter discusión", porque estes "son a base dunha solidariedade ben entendida con Israel".
Non tardou en lle dar resposta á declaración sionista amparada por Habermas o tamén filósofo, profesor da Universidade de Columbia, Hamid Dabashi —un iraniano con dobre doutorado da Universidade de Pensilvania—, quen acusa ao alemán de non ter nin un ápice de espazo na súa imaxinación moral para persoas como os palestinos, ao mesmo tempo que denuncia que a manifestación de Habermas sobre Palestina marca un punto de inflexión na relación colonial entre a "etnofilosofía" europea e o resto do mundo, pois o sufrimento global de pobos como o palestino, clara vítima das atrocidades coloniais, ten contribuído a "desarborar finalmente a barbarie descarada na que se basea a civilización occidental". Xulguen vostedes.
O certo é que, alén do xenocidio manifesto que sofre o pobo palestino, o feito de teren suspendido unha maioría de países occidentais o financiamento humanitario á axencia das Nacións Unidas que traballa cos refuxiados de Palestina (UNRWA) converte a Occidente (EE.UU., Reino Unido, Canadá, Alemaña, Italia, Francia, Suíza e Austria, entre outros países) en culpábel expreso de complicidade no xenocidio gazatí, tendo en conta ademais que máis de medio millón de persoas xa están a padecer unha crise de fame severa e unha falta absoluta de medicamentos.
Estamos a vivir, sen dúbida, un nivel de deshumanización que non ten precedentes. Como di a filósofa xudía Judith Butler, xa se ten catalogado os palestinos como "non dignos de ser chorados", e as súas vidas xa non se consideran unha verdadeira perda, porque chegan a ser "unha ameaza para o que for a idea do humano que está a ser defendida polas políticas sionistas". "Animais humanos" ou "humanos animais". Para a lóxica racista e colonial hai vidas que non valen nada.