O IES de Poio afianzará a conciencia ambiental no seu III Cumio polo clima

As actividades abarcarán unha semana e contarán coa participación da UVifo, USC, Adega, a firma Beflanboyant, a APDR, a Deputación e o grupo ecoloxista do centro, entre outras
(_G8A6882.JPG) POIO IES Presentacion dun proxecto de robotica e latin por parte dos alumnos da ESO Tratase de dous robots vestidos de romanos que foron feitos polo alumnado e que achegan a conecementos sobre a antiga Roma Hai presentacions de 9 40 a 13 40 hora MLote 22.965
Unha actividade científica no IES de Poio. D. FREIRE

Todo listo para o III Cumio do Clima que se celebrará no IES de Poio a vindeira semana, do 7 ao 11 de abril e que pon en valor meses de traballo multidiciplinar no centro por parte de distintos grupos de alumnos e mestres arredor do cuestións como o cambio climático e o respecto polo medio. Todo elo quedará exposto nas presentacións do alumnado en feiras divulgativas con diferentes temáticas moi actuais.

A lista de colaboracións é case tan longa como a de propostas e iníciase coa de Beflamboyant, a empresa pontevedresa que ten no mercado unha marca de calzado vegano e cuxos responsables, Tatiana González e Jorge López inaugurarán as sesións. Na mesma maña abordarase cos alumnos de segundo de ESO como divulgadores as consecuencias da industria téxtil nos océanos, e haberá unha entrevista a Antón Masa, presidente da APDR a cargo do Club Ecoloxista do IES, que tamén comandará ximcanas e un club de lectura. 

O martes os microplásticos serán os protagonistas, coa charla do programa Prezero da Deputación, seguida da exposición sobre pósters científicos ou o Obradoiro de reutilización de roupa, a cargo de Pilar Campos. Ás 12.50 o centro acollerá un obradoiro sobre escenarios climáticos impartido por responsables do Post Grow Innovationlab da Universidade de Vigo

O mércores iniciarase o día co obradoiro de estampado de follas do clube ecoloxista, e cara mediodía chegara Karon Farias de Aobá Upcicling para a súa charla e posterior obradoiro. Na primeira cita falará de deseñar unha colección de Upcycling

Das enerxías renovables á pegada de carbono

O xoves chegará Adega, co obradoiro Ecolimpo, e os alumnos de cuarto de ESO impartirán a sesión divulgativa A auga: luxo ou necesidade?, mentres que Sotavento impartirá os obradoiros de enerxías renovables. 

A pegada de carbono será a protagonista das aprendizaxes prácticas do venres, impartidas por Ceida, mentras que Eugennio Fernández Carrasco, profesor de Enxeñaría Química da Facultade de Ciencias da USC, ofrecerá uha charla sobre o cambio climático, ás 10.50 horas. 

O venres haberá xornada de portas abertas e, como todo cumio, clausura con Eco Étika (do Luis Seoane) e Malas Herbas (IES Paralaia). 

Comentarios