De Briallos (1978). Licenciada en Xornalismo pola USC en 2000, ano no que me incorporei a Diario de Pontevedra, primeiro como bolseira e despois como a primeira xornalista muller na sección de Deportes. Entre 2001 e 2014 fun correspondente da comarca Ulla-Umia e coordinei o suplemento Diario de Caldas durante oito anos. Desde 2014 escribo en Local, especialmente na sección de Educación. Tamén opino na contraportada e coordino unha páxina sobre LIX no suplemento Revista. Fun xurado do XXXVII Premio Merlín e integrante da comisión lectora do XIX Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil. Tamén participei nas xornadas 'As mulleres que opinan son perigosas' en 2019 e ocasionalmente colaboro conducindo presentacións de libros ou de palestras de temas literarios e sociais