Acabando con todo

(_G8A0707.JPG) Concentracion contra altri en la plaza de la peregrina pontevedra MLote 28.521
Concentración contra a implantación de Altri na Ulloa celebrada o domingo 16 de marzo na praza da Peregrina de Pontevedra. DAVID FREIRE

Ás veces a vida vai segundo o guión previsto, ese mesmo que contemplaba que o luns dedicase este espazo a contar o marabilloso que volveu ser o congreso As mulleres que opinan son perigosas. Que me fixara nalgún aspecto da ponencia dalgunha das profesionais que puxeron ao Teatro Principal a aplaudir con devoción, que falara de como abordar correctamente as informacións a violencia de xénero, do machismo no oficio xornalístico e ata da importancia de non gardar a opinión, porque caladiñas non estamos máis guapas. 

Ía falar diso, porque tamén cheguei á conclusión de que rexeitar este espazo só por pasarse do horario laboral non debería ser costume. Pero resulta que o outro día a Xunta de Galicia publicou no DOG a Declaración de Impacto Ambiental positiva ao proxecto que a portuguesa Altri pretende implantar no corazón da mesma Galicia que lle dá nome ao cómplice necesario. Unha aberración que non só acabaría coa vida tal e como se coñece nese paraíso da Galicia interior, senón que a bomba expansiva desa moderna celulosa chegaría á ría de Arousa.

Igual hai 60 anos foi imposible frear a catástrofe, pero que unha aberración semellante teña o apoio de quen debería mirar polo país e a súa xente en pleno século XXI é máis que indignante.

Comentarios