O BNG reunirase co PSOE este luns nun primeiro contacto de cara á investidura

O deputado Néstor Rego materá un encontro no Congreso dos Deputados coa vicesecretaria xeral dos socialistas, Adriana Lastra
Néstor Rego, coa voceira nacional do BNG, Ana Pontón. ÓSCAR CORRAL (EFE)
Néstor Rego, coa voceira nacional do BNG, Ana Pontón. ÓSCAR CORRAL (EFE)

O deputado electo do BNG, Néstor Rego, reunirase este luns no Congreso coa vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, para manter o que será "o primeiro contacto" entre ambas as forzas de cara á investidura do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez. En concreto, segundo informan á axencia Europa Press fontes do Bloque, Rego verase coa dirixente socialista ao redor das 12,00 horas na Cámara Baixa e porá enriba da mesa a "axenda galega", para o que espera "receptividade".

O BNG non porá "liñas vermellas", pero tampouco votará a favor "por cheques en branco"

E é que, tal e como indicou este sábado a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, Sánchez "faría moi mal en facerlle caso aos que din" que teñen o seu voto asegurado para a investidura. Nunha semana na que medios de comunicación e forzas políticas barallaron as posibilidades que existen de que o acordo de Pedro Sánchez e Pablo Iglesias salga adiante, Pontón subliñou que o BNG non porá "liñas vermellas", pero tampouco votará a favor dunha investidura "por cheques en branco".

As principais condicións do Bloque pasan por "a receptividade da axenda galega" en Madrid, "a defensa da democracia, dereitos e liberdades" e o "marco da plurinacionalidade", indicou a líder frontista. O seu "enfoque ten altura de miras" e a postura final "será resultado das negociacións" que de desenvolverán esta semana.

Comentarios