Dores Tembrás e Alba Chaves gañan os Premios Mulleres que opinan

Os artigos, inéditos, abordan a dislocación entre a vida profesional e persoal e as relacións materno-filiais na idade adulta
Dores Tembrás e Alba Chaves gañan os Premios mulleres que opinan. DP
Dores Tembrás e Alba Chaves coas organizadoras do foro e o certame, as autoridades políticas e traballadoras dos servizos de igualdade de Concello de Deputación. GONZALO GARCÍA

A escritora e editora coruñesa Dores Tembrás e a publicista pontevedresa Alba Chaves resultaron gañadoras da terceira edición dos Premios Mulleres que opinan, convocados pola Deputación de Pontevedra en colaboración con Concello. 

Esta mañá celebrouse a entrega dos galardóns. Á convocatoria presentáronse 22 artigos, tanto en galego como en castelán, a cifra máis alta ata o momento. A condición era que neles se mencionara algunha das ponencias ou cuestións arbordadas nos relatorios do foro As mulleres que opinan son perigosas, celebrado en marzo no Teatro Principal. 

Alba Chaves gañou co artigo en lingua castelá La mayor y la peor, no que aborda as relacións materno-filiais na Idade adulta. A inspiración chegoulle na intervención de Blanca Lacasa e o xurado destacou a "sinceridade e valentía" do seu texto. "La ponencia de Blanca me atravesó. Tenía la necesidad de escribir para poner en orden lo que sentía, así que gané dos veces".

Tanto para ela como para a gañadora co artigo en galego era a primeira vez que se presentaban a esta convocatoria. 

Feminismo e violencia de xénero

Dores Tembrás, coñecida pola súa obra poética e como editora en Apiario, gañou co artigo Iluminadas, a orde violeta, no que aborda a dislocación entre a vida profesional e pública e a persoal. Ela seguiu o foro de xeito completo a través do streaming, "desde a cociña", co que teceu un "fío invisible" entre o fogar e o Teatro. 

Ademais das impulsoras do foro, Susana Pedreira é Diana López, no acto desta mañá tamén interviron a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, quen reivindicou o compromiso firme das administracións co feminismo, e o vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez. Este destacou a importancia deste proxecto nun momento no que as institucións deben deixar claro "que existen crímenes machistas, violencia de género y desigualdad".

Ambas institucións deixaron claro o seu firme compromiso co foro As mulleres que opinan.

Cada premio está dotado con 1. 000 euros, ademais do trofeo e a publicación dos artigos, aínda inéditos, nas principais cabeceiras.

Comentarios